Preescolar na Casa era un programa educativo que naceu en Galicia no ano 1977 e que tiña como misión contribuír á formación de pais que teñen nenos e nenas entre 0 e 6 anos co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos a través da reflexión sobre o acontecer da vida diaria. Este programa organizábase preferentemente no medio rural e outros medios desfavorecidos, e o seu principal obxectivo era apoiar e dar seguridade ás familias na educación e crianza dos seus fillos, nos primeiros anos de vida, cun claro sentido compensador da escola, e máis concretamente da etapa preescolar, denominación empregada por aquel entón.
Dende este ano, os nenos do rural gallego están un poco mais abandonados, xa que ós recortes en servizos e demaís invesións públicas no rural engadese a sorprendente cancelación por parte da Consellería de Traballo e Benestar dos fondos destinados ó programa, cercenando a súa actividade que se ven desenvolviendo nos útimos 35 anos. Este feito case que 4000 familias galegas espalladas por 267 concellos quedanse sen un servizo que naceu da man do "cura da bicicleta" (Antonio Gandoy) en Lugo e que significo no seu momento nenos e nenas menores de seis anos que vivían en aldeas e sen acceso a educación infantil non cegasen en condicións desfavorable a educación primaria fronte os nenos das ciudades, ó meso tempo que se sementaba na socidade rural gallega a cultura da Educación Infantil Familiar.
A relevancia deste feito vese suliñado por que unha prestixiosa revista de pedagoxía no Estado Español, Cuadernos de Pedagogía tense feito eco do fin da actividade da fundación dedicandolle un artigo na revista de xaneiro
O curioso e que mentres esta fundación queda sin financiación publica, a Xunta ten de informarnos a todos que cubrirá o burato xerado na Fundación Cela, que se encontra afogada pola súa mala gestión, facendo prioritario o segundo en detrimento dun programa que é fundamental para o futuro dos nenos do rural galego.
Actuable (Change.Org) ten en marcha unha petición creada por Filipe Diez dirixida a o presidente de Galicia para que os cartos públicos sexan dedicados a Preescolar na Casa e non para a Fundación Cela. Se desexas firmala poder facelo seguindo este link.
O texto da petición e:
"O día 13 de xuño, a Xunta xustificaba a retirada da subvención á Fundación Preescolar na Casa co argumento -en palabras de Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar- de que "son moitos anos como para saber xa autoxestionarse e non ter ningún tipo de dependencia de ningunha das administracións". Vale lembrar que Preescolar na Casa é un proxecto educativo que constitúe un exemplo mundial de éxito, que ten colleitado premios internacionais e servido como modelo para outros países. Ningún dos sucesivos Gobernos galegos incorporou o programa Preescolar na Casa ao sistema de ensino público, a pesar de tratarse dunha reivindicación histórica apoiada polos milleiros de familias que se beneficiaban dos seus servizos.Preescolar na Casa -proxecto creado por sectores progresistas da Igrexa católica durante a Transición, que contou axiña coa incorporación de profesorado e movementos pedagóxicos de vangarda- dá servizo ás familias que non poden enviar os cativos a unha escola infantil, sobre todo no ámbito rural, e propón un modelo educativo que integra o ensino aos nenos e nenas coa participación activa das familias. Por outra banda, na fundación responsable polo programa educativo nunca nos seus 35 anos foi detectada ningunha irregularidade nin deficiencia na xestión dos recursos.Dúas semanas máis tarde, e aplicando un criterio diametralmente oposto, a propia Xunta xustificaba o rescate da Fundación Camilo José Cela, afundida polas débedas dunha mala xestión, debido ao "interese público" dunha tal medida, segundo manifestou no Parlamento galego o Conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez. Por fin, últimos días soubemos que Marina Castaño está a ser investigada por estafa, apropiación indebida de fondos públicos e fraude fiscalÁ vista das informacións sobre o presunto mal uso dos fondos públicos destinados no pasado á Fundación Camilo José Cela, ben como da maior relevancia social do labor desenvolvido pola Fundación Preescolar na Casa, as persoas que apoiamos esta petición esiximos da Xunta de Galicia que desista de rescatar as débedas da Fundación Camilo José Cela e dedique o importe desa axuda ao mantemento das subvencións á Fundación Preescolar na Casa, que realiza un traballo moito máis valioso para a sociedade galega e, ademais, insubstituíble.Agardamos da sensibilidade do Presidente da Xunta de Galicia unha pronta e favorable resposta."


